Indio

A palabra indio é polisémica e pode referirse a:

  • Indio é, no sentido orixinal, relativo ou pertencente á India, país asiático; sendo posible empregar tamén para esta acepción, segundo o DRAG, o termo hindú.
  • Indio pode referirse ao poboador nativo/orixinario de América, dada a confusión orixinada por Cristovo Colón ao chegar a América pensando que eran as Indias. Un termo máis correcto é indíxena americano. En moitos lugares de América úsase a palabra indio pexorativamente, e por esta razón (e tamén para diferencialo do poboador da India) úsase a palabra amerindio, que desde o punto de vista racial e lingüístico exclúe os inuits (véxase linguas indíxenas de América).

Developed by StudentB